TEAconsellos: RECURSOS E IDEAS DE LECER E DIVERSIÓN EN FAMILIA.


PROGRAMAS E SERVIZOS A FAMILIAS E PERSOAS CON TEA

Propoñémosvos recursos para traballar en casa o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) nos seus diferentes graos e niveis. Trátase dunha serie de aplicacións e materiais que permitirán incorporalos ás actividades cotiás e axudarán a que os días que estamos na casa estimulen as emocións, mellorando tamén procesos de aprendizaxe. Valerannos tamén para traballar na aula.

No noso post anterior comentabámosvos unhas recomendacións xerais sobre como soportar o tempo en casa durante a corentena a causa do Covid19:
TEAconsejos: IDEAS E RECURSOS PARA O TEMPO EN CASA E As PERSOAS CON AUTISMO #yomequedoencasa.

É importante dispoñer tamén de diferentes tipos de materiais para poder establecer tempos de rutinas e tarefas. Estes días queremos presentarvos unha interesante recompilación de ligazóns con material especifico para traballar con persoas con Trastorno do Espectro Autista.