COVID-19: Axuda para as persoas con autismo.
A Federación Autismo Galicia pon en marcha a iniciativa de recadación de fondos e material necesario, para asegurar o bo funcionamento da rede de servizos específicos para o colectivo que despregan e levan a cabo as nosas 16 entidades.
Por causa desta situación de emerxencia sanitaria e social a causa do COVID-19 os nosos centros de día e residenciais que seguen prestando os apoios e servizos especializados ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA), teñen que facer fronte á falta de recursos que fan perigar a sustentabilidade dos servizos.
Por todo iso, facemos un chamamento á cidadanía para unir forzas e, entre todos, poder dotar aos centros dos recursos necesarios para que poidan seguir levando a cabo a súa actividade. AUTISMO GALICIA encargarase de distribuir entre a súa REDE DE ENTIDADES a totalidade da recaudación.
Podes participar de tres maneiras:
1 – DONATIVOS ECONÓMICOS: SE QUERES COLABORAR CUNHA DOAZÓN PODES FACELO NESTA MESMA LIGAZÓN. Ademais se doas, tes dereito a dedución fiscal. Se es unha persoa física: 75%, primeiros 150€ 30% a partir de 150 € e 35% se nos dous períodos anteriores doaches a mesma ou maior cantidade. Se es unha persoa xurídica: 35 % e 30% se nos dous períodos anteriores doaches a mesma ou maior cantidade.
2 – DOAZÓN DE MATERIAL. Como equipos de protección individual, limpeza e desinfección, así como de material sanitario, escríbenos a info@autismogalicia.org.
3 – PARTICIPA COMPARTINDO ESTA INICIATIVA. GRAZAS!!!

- Donativos ata 150 euros, 80% de dedución Donativos a partir de 150 euros, 35% dedución.
- Recorrencia: se nos dous períodos anteriores realizáronse donativos, doazóns, ou achegas con dereito a dedución en favor dunha mesma entidade por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, a porcentaxe de dedución aplicable, cando exceda de 150 euros será do 40%
- Porcentaxe de dedución, 35%
- Con recorrencia, 40%