Inicio

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, ACHÉGASE ÁS FAMILIAS CON UNHA NOVA PÁXINA WEB QUE RECOLLE TODA A NORMATIVA, GUÍAS, RECURSOS DIXITAIS ESPECÍFICOS E ANTICIPACIÓNS DAS PROBAS COVID ADAPTADAS COGNITIVAMENTE CON PICTOGRAMAS.  

Agora máis que nunca as familias deben estar apoiadas ante as distintas circunstancias que poidan xurdir no día a día.

Dende a nova páxina web da Federación Autismo Galicia dedicada exclusivamente a contidos específicos en relación co COVID, as familias, profesionais e persoas con TEA, poderán acceder a múltiple información dunha maneira sinxela

Nesta páxina tes á túa disposición toda a información actualizada do Ministerio de Sanidade así como a Organización Mundial da Saúde.

Así mesmo, reunindo as vosas consultas, poñemos á vosa disposición documentación relativa ao mesmo como recursos adaptados, consellos específcios para familias e persoas con TEA, e procesos de anticipación de probas e protocolos.

Coñecer a mellor forma de evitar contagios e frear a propagación do virus COVID-19 é a única ferramenta que temos ao noso alcance, de momento, nesta crise sanitaria que obriga ao confinamento, tamén ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA).


LIGAZÓNS DE INTERESE

En Galicia, Sanidade pon ao dispor o teléfono 902 400 116 para información xeral sobre o Coronavirus e o 061 para as persoas que estiveron en zona de risco e teñan síntomas.

Para máis información, pódense consultar as seguintes fontes oficiais:

Os nosos referentes:

 

CANLE DE INCIDENCIAS: Autismo España pon ao dispor dos usuarios unha canle online para que as persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA), as súas familias e os profesionais vinculados ao colectivo poidan achegar as posibles situacións de vulneración, desprotección e inseguridade que están a sufrir durante a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

TEAconsellos

IDEAS E RECURSOS PARA O TEMPO EN CASA E As PERSOAS CON AUTISMO. Guías, recursos, adaptacións accesibles, procesos de anticipación, e consellos para o benestar integral durante a etapa COVID.

O proxecto TEACONSELLOS ven definido como unha proposta de apoio, información e asesoramento ás persoas con TEA, familias e profesionais, a través da publicación de recursos dixitais dinámicos. Co obxectivo de favorecer unha mellor adaptación a situación de alarma sanitaria e o consecuente confinamento, que estamos vivindo.

Actualizados e elaborados pola Federación Autismo Galicia Información necesaria para familias, persoas con TEA, e profesionais.

Noticias

Publicada a Actualización 9 da Estratexia de Vacinación Covid19

Nesta Actualización 9 modificada engádense as recomendacións de administrar unha dose de recordo ás persoas que recibiron unha dose da vacina de Janssen e nos casos en que a dose de recordo adminístrese con Spikevax, utilizarase unha dose de 0,25 ml.

Qué vacinas teremos dispoñibles en España?: Desde a Comisión Europea coordínase a adquisición de vacinas para os cidadáns da Unión Europea. Negociáronse acordos de compra anticipada, con orzamento europeo, con varias compañías farmacéuticas (ver táboa inferior). As vacinas estarán dispoñibles para o seu uso sempre que se autoricen na Unión Europea, seguindo o procedemento establecido pola Axencia Europea de Medicamentos polo que se determina se cada vacina é segura e eficaz para o seu uso na poboación. A Comisión Europea está a negociar 7 vacinas en distintas fases de desenvolvemento, pero o número final de doses dispoñibles dependerá das vacinas que finalmente se autoricen. A España corresponderalle aproximadamente o 10% das doses negociadas. É necesario ter en conta que a maior parte das vacinas requiren a administración de dúas dose para conseguir unha resposta inmune adecuada. MÁIS INFO PREME AQUÍ

Saúde Pública: Coñece máis detalles sobre a 2ª actualización da #EstrategiaDeVacunación, aprobada pola Comisión de Saúde Pública / Cando é a miña quenda de vacinación?