TEAconsellos: AXUDAR A APRENDER NA CASA

PROGRAMAS E SERVIZOS A FAMILIAS E PERSOAS CON TEA

Aínda que xa levamos tempo confinados, sabemos que está sendo unha tarefa complexa a aprendizaxe na casa. Fomentar as rutinas para realizar do propio traballo das persoas con TEA pode supoñer a superación de forma máis satisfactoria das dificultades que podamos atopar.

TEAconsellos: TIPS DE UTILIDADE ANTES DE SAÍR Á RÚA.

PROGRAMAS E SERVIZOS A FAMILIAS E PERSOAS CON TEA

É importante que pensemos nas necesidades individuais e teñamos en conta cada situación, tanto se somos unha persoa con autismo, coma se lemos isto polo noso familiar con autismo. Para manexar mellor estes momentos, recomendámosvos as seguintes estratexias:

TEAconsellos: PARA A SAÚDE DO SONO.


PROGRAMAS E SERVIZOS A FAMILIAS E PERSOAS CON TEA

COMO CONSEGUIR UNHA BOA SAÚDE DO SONO? Existe unha relación bidireccional entre o sono e o autismo. En situacións sociais habituais, aproximadamente un 80% dos nenos con TEA padecen algún tipo de problema co sono sendo a dificultade para iniciar o sono, espertar frecuentes ou o espertar moi cedo os máis frecuentes.

O estado de ansiedade xerado por esta situación e o cambio noutro dos reguladores externos como a exposición á luz (especialmente polas mañás) favorece estas alteracións.

QUE O CORONAVIRUS NON NOS QUITE O SONO. Para manexar mellor estes momentos, recomendámosvos as seguintes estratexias:

Con estas recomendacións adaptadas pretendemos capacitar en coñecementos para facilitar a vida cotiá. En entradas anteriores na web comentabámosvos unhas recomendacións xerais sobre como soportar o tempo en casa durante a corentena a causa do Covid19. CONSULTA OUTROS TEAconsellos.

TEAconsellos: MANUAIS DE RECURSOS ACCESIBLES COGNITIVAMENTE para o tempo de corentena por Covid.


PROGRAMAS E SERVIZOS A FAMILIAS E PERSOAS CON TEA

Guías adaptadas con pictogramas para explicar diferentes aspectos relacionados co Coronavirus. Recursos ARASAAC. Como explicar o coronavirus a persoas con TEA. Medidas de prevención. Hixiene. Actividades para facer durante o período de corentena. Que podemos e non debemos facer se nos vemos na obrigación de saír á rúa.

Como explicar o coronavirus a persoas con TEA:

Que é o Coronavirus?

Que podo facer para evitar contáxio?: Medidas de prevención. Normas establecidas: a importancia de quedarse na casa.

Actividades para facer durante o período de corentena. Tarefas que podemos e non debemos facer #ver na obrigación de saír á rúa.

Con estas recomendacións adaptadas pretendemos facilitar as actividades da vida cotiá.

En entradas anteriores na web comentabámosvos unhas recomendacións xerais sobre como soportar o tempo en casa durante a corentena a causa do Covid19. CONSULTA OUTROS TEAconsellos.

TEAconsellos: ANSIEDADE E TENSIÓN, como afrontalos?


PROGRAMAS E SERVIZOS A FAMILIAS E PERSOAS CON TEA

A ansiedade está de seu presente nunha porcentaxe alta de persoas con TEA (42%-79%, Kerns, 2017).

Hoxe queremos tratar o tema da tensión porque aínda que para algunhas persoas con TEA, encerrarse en casa pode ofrecer unha sensación de seguridade, noutros casos, o confinamento pode empeorar o seu estado, xa que a falta de liberdade de movemento pode provocar ansiedade e tensión. A ansiedade está de seu presente nunha porcentaxe alta de persoas con TEA (42%-79%, Kerns, 2017).

Ante esta situación, excepcional, de confinamento que estamos a vivir, as persoas con TEA poden manifestar altos niveis de ansiedade e tensión. Ademais, esta situación tamén afecta o resto fa familia.

Aquí deixámosvos recomendacións para casos de tensións e ansiedade que poden redundar nunha mellora da saúde xeral da persoa con TEA.

En entradas anteriores na web comentabámosvos unhas recomendacións xerais sobre como soportar o tempo en casa durante a corentena a causa do Covid19. CONSULTA OUTROS TEAconsellos.

TEAconsellos: RECURSOS E IDEAS DE LECER E DIVERSIÓN EN FAMILIA.


PROGRAMAS E SERVIZOS A FAMILIAS E PERSOAS CON TEA

Propoñémosvos recursos para traballar en casa o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) nos seus diferentes graos e niveis. Trátase dunha serie de aplicacións e materiais que permitirán incorporalos ás actividades cotiás e axudarán a que os días que estamos na casa estimulen as emocións, mellorando tamén procesos de aprendizaxe. Valerannos tamén para traballar na aula.

No noso post anterior comentabámosvos unhas recomendacións xerais sobre como soportar o tempo en casa durante a corentena a causa do Covid19:
TEAconsejos: IDEAS E RECURSOS PARA O TEMPO EN CASA E As PERSOAS CON AUTISMO #yomequedoencasa.

É importante dispoñer tamén de diferentes tipos de materiais para poder establecer tempos de rutinas e tarefas. Estes días queremos presentarvos unha interesante recompilación de ligazóns con material especifico para traballar con persoas con Trastorno do Espectro Autista.